3 de enero de 2023, 14:11
A Casa da Cultura de Xinzo será esta noite o lugar para concienciar sobre o despoboamento do rural.

En primeiro lugar proxectarase a curta “Retratos do silencio”da limiá Miriam Opazo que acadou con esta curta o 2º premio Xuventude Crea 2022. A continuación proxectarase a obra #EUFICO, de diferentes colectivos, empresas e persoas da Limia.
O CDR O Viso, organizador da xornada e o Concello de Xinzo invitan a todos os que queiran acudir a esta cita a partir das 20:30