martes 21/9/21

Os rostros da Xeración NÓS en Xinzo

Mañá ás 20:30 na casa da Cultura

187360523_1446446412357061_8310783090447684548_n

A Casa da Cultura de Xinzo será mañá o escenario do acto de presentación das obras orixinais da colección “Láminas Os Rostros de Nós”, dentro das celebracións polo centenario desta xeración de galeguistas tan vinculados a Ourense.

Está previsto que ao acto, promovido polo diario La Region e o Concello de Xinzo e que comezará ás 20.30 horas, asistan Maribel Outeiriño e algún dos pintores da colección.

Risco, Pedrayo, Castelao, Xocas, Ben Cho Shey, Losada Diéguez, Cabanillas, Cuevillas y Noguerol son os nove homenaxeados da xeración, vistos por artistas contemporáneos.

Máis información aquí