Teatro o domingo na Casa de Cultura de Xinzo

CARTAZ DE LOLÓ E MAMÁ EN XINZO DE LIMIA
Teatro o domingo na Casa de Cultura de Xinzo

As 19:30 o grupo Ste Xeito presenta a obra “Lolo e mamá”

Continuando co festival de teatro de humor en galego, presentarase en Xinzo de Limia a obra teatral “Lolo e mamá”, protagonizada por Stephy Llaryora e Josi Lage, da compañía Ste Xeito con dramatuxia e dirección a cargo de Esther F. Carrodeguas. O acto levarase a cabo no auditorio da casa de cultura “Angel Cocho” grazas á colaboración da Deputación de Ourense, a Ourensana, a Rede de Auditorios Provincial de Ourense, ao Concello de Xinzo e a reaOU.

Margot, nai de Loló, queda no paro e decide instalarse na casa da súa filla, a un océano de distancia. Pero o que parecía unha idea xenial que axudaría a xuntar a unha familia desestructurada desde sempre, enseguida transfórmase en desastre.

Como recibe unha filla a volta da súa nai? Quen é a nai e quen a filla cando é esta última a que ofrece casa e sustento? Canto tempo pode pasar ata que esta bomba de reloxería estale definitivamente?
Loló e Mamá fainos ver, grazas a un humor fino e ácido, que as cousas case nunca son máis difíciles do que nos gustaría e sobre todo, que o amor é unha arma de dobre fío: canto máis se ama, máis se sofre.