viernes 27/11/20
Na aula CEMIT do Concello de Xinzo en grupos de 4 nenos/nenas

O venres 30 comezan os Talleres Tecnolóxicos Creativos 2020

Para información e inscripción Tf. 988 461 442 e email:[email protected]

Talleres tecnolóxicos creativos
Talleres tecnolóxicos creativos

O primeiro dos talleres será o de facer un mural interactivo do Samaín.

Un taller no que utilizaremos tinta e cinta condutora, uns materiais especiais capaces de transmitir a electricidade, para construír circuítos moi básicos con diferentes sensores sen necesidade de cables. Mediante o debuxo, a pintura e o “collage”, faremos composicións que iluminaremos mediante led’s, aprendendo nocións básicas de electricidade. Crearemos un gran mural coa temática do Samaín.

Os Obxectivos deste taller son entre outros, Fomentar o pensamento interdisciplinario ao mesturar a electrónica con saídas plásticas como o debuxo e o modelaxe e brindar ferramentas e coñecementos básicos para a utilización de tintas condutivas e as súas aplicacións.

O sábado haberá o taller “Cinema 3D sobre Samaín”

 Nel crearase un escenario de animación coa temática do Samaín onde as leis da física se poidan controlar ao noso antollo, dar vida ás nosas propias figuras en 3D, controlar a iluminación, os diferentes encadres e puntos de vista da cámara.

Para iso utilizaremos o aplicativo libre Alice3.0, un software educativo creado por un equipo de investigadores especializados en Realidade Virtual, pode ser visto como un entorno de programación especialmente orientado para que estudantes novos dende os primeiros pasos na programación de linguaxes orientadas a obxectos. Permite aos estudantes adquirir as habilidades básicas en informática ao tempo que crean películas de animación e pequenos videoxogos interactivos nos que poden controlar o comportamento de personaxes e obxectos tridimensionais nun mundo virtual a través dunha interface moi intuitiva.