miércoles 5/8/20
Este sábado 18 de xullo con aforo limitado e baixo petición

Visita guiada ao Pazo do Telleyro en Sandiás

Visita guiada pola arquitectura e vida palaciana da fidalguía rural

javier torres 5

A “Cultura no Verán” non para tampouco en Sandiás.  O Concello organiza un roteiro guiado polo Pazo do Telleyro (Couso de Limia), parte do importante patrimonio monumental. Unha boa oportunidade para descubrir a fidalguía e a cultura palaciana no rural ourensán aproveitando a visita guiada de Claudia Cabrera, unha especialista no tema. O Pazo é un dos máis belos e con máis carácter da comarca da Limia Alta. Emplazado ao carón do Camiño Real, base do Camiño de Santiago de peregrinación, ten máis de tres séculos de historia.

escudo PazoAs visitas guiadas realízanse o sábado 18 de Xullo de 2020 en catro tramos horarios (sesións) por orde rigurosa de inscripción. A primeira sesión entre 10.00 h-11.00 h; a segunda sesión, entre 12.00 h- 14.00 h; a terceira sesión, entre 17.00 h-19.00 h e a cuarta sesión, entre 19.00 h-21.00 h. Cada unha das sesións ten un aforo limitado de entre 10-12 persoas. A actividad é gratuita. 

O lugar de encontro para a realización da actividade é o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela (fronte a Casa da Cultura do Concello). As inscripcións quedarán rexistradas en riguroso orde de chamada ao teléfono do concello de Sandiás (988 46 50 01)).

Aproveita a oportunidade para descubir  o pazo por fóra (blasóns, patins, pombar, souto, capela…); por dentro (salón, fotografía antiga, linaxes, cabalerizas, cocheira…);  e tamén para descubrir os segredos que nos mostra (O “Mergullo”, o caso de Liberata da Aira, as 300 carballeiras centenarias, o roubo  a dona do pazo, dona Isabel Arce, o papel de Paiva Couceiro “vivaqueando” pola Lagoa de Antela lonxe dos carabineiros de Chave s, as partidas de armas no telleyro e os Añel, forxa de terratenentes.

Aplicaráse protocolo sanitario. Mascariña obrigatoria (dáa o concello), xel desinfectante, distancia social, alfombrilla desinfectante as entradas e saídas, desinfección entre sesións e persoa responsable do cumprimento do protocolo.

visita guiada- pazo do telleyro