Un xaneiro cultural na Arca da Noe

arcaxaneiro
Un xaneiro cultural na Arca da Noe

A taberna cultural A Arca da Noe comeza o mes de xaneiro deste novo ano cunha variada programación cultural.

A taberna cultural A Arca da Noe –situada en Vilar de Santos– comeza o mes de xaneiro deste novo ano cunha variada programación cultural.

O cantautor Anxo Blas dará un concerto o venres 6, ás 22 horas.

O sábado 7, ás 22 horas, Xosé Lois Romero e o colectivo de músicos que dirixe, "Aliboria", achegarase até Vilar de Santos para mostrar un estilo que combina cantos enxebres con novos arranxos para a percusión tradicional.

O sábado 14 de xaneiro, ás 22 horas, a Arca acollerá o segundo traballo discográfico de Brigada Bravo e Díaz, "Músicas populares da Gran Guerra", no cal exploran a cultura musical popular durante a Primeira Guerra Mundial.

O domingo 15 de xaneiro, ás 13 horas, o encargado de amenizar a xornada será o músico e compositor Braishtalung.

O venres 20 de xaneiro, ás 21 horas, Xico Paradelo presentará "História da Língua em Banda Desenhada" e ás 22 horas actuará Pablo Sanmamed Trío.

Feminino Plural ofrecerá un concerto para os máis pequenos o 21 de xaneiro ás 18 horas. Pouco máis tarde, ás 22 horas, haberá tamén concerto de Sapoconcho.

A última fin de semana do mes actuarán Trilitrate, o día 27 ás 22 horas; Grüzvilla, o 28 ás 22 horas e Phono Sonus, o domingo 29 ás 20 horas.

Sen dúbida unha moi completa axenda para o local cultural por excelencia da comarca da Limia.