miércoles 08.04.2020

Xinzo acolle as presentación de "A luz da chuvia"

Hoxe xoves a partir dás 20:00 na Casa da Cultura de Xinzo
Jardón e Caseiro
Jardón e Caseiro

Delfín Caseiro e Antón Jardón presentarán o vindeiro xoves 26 de decembro a súa obra A luz da chuvia. Un encontro que contará coa intervención do escritor Antón Riveiro Coello.

99999

A obra de Caseiro e Jardón, ambos membros do Padroado do Museo da Limia e colaboradores co Centro de Cultura Popular da Limia na edición da revista Lethes, é unha crónica amena de tempos pretéritos, de andar camiños de terra que levan carros de persoas dun lugar a outro, de comunicación íntima coa terra produtiva, coa natureza entusiasta. En A luz da chuvia o lector atopará a miseria dos días e a friaxe das noites aliviadas coas celebracións lúdicas que chegan co sol e  luz xenerosa do progreso e da liberdade. Unha narración que xoga con situacións e aconteceres que perduran na fecunda memoria colectiva.