Xinzo acolle a proxección de "Santoalla" dentro do Festival de Cine Internacional de Ourense

santoalla
Xinzo acolle a proxección de "Santoalla" dentro do Festival de Cine Internacional de Ourense

A cita será o 31 ás 20h na Casa da Cultura

A Casa da Cultura de Xinzo acolle o luns 31 a proxección de "Santoalla" ás 20h. Os asistentes poderán coñecer a historia dunha parella de holandeses progresistas que se mudan a Santoalla, en Galicia. Martin Verfondern e Margo Pool tiñan o soño de vivir tranquilos no campo pero a súa chegada á zona supuxo un desafío para única familia residente no pobo. Así deu comezo un conflito que durou unha década e que rematou coa misteriosa desaparición de Martin.

O documental recolle esta historia que xa foi proxectada en festivais de cine de Edimburgo, Austin, Los Hamptons e Tallgrass, e co que xa ten gañado premios a mellor documental.

Os seus directores, Andrew Becker e Daniel Mehrer, estarán presentes o luns na Casa da Cultura para conversas sobre a peza audiovisual e sobre a historia cos asistentes.

A proxección de "Santoalla" enmárcase no Festival de Cine Internacional de Ourense.