martes 24/11/20

Xinzo prepárase para unha nova edición do Festival de Bandas de Gaitas

    Un ano máis a vila de Xinzo convértese no punto de encontro da música tradicional na fin de semana das festas de Santa Mariña.

Os días 16 e 17 as rúas da vila encheranse de músicos das bandas de gaitas Xinzo C, Xinzo B, Xinzo de Limia, Nova Era de Verín e a banda de Candás que veñen dende Asturias. 

O sábado ás 19h terá lugar un desfile das agrupacións polas rúas da vila. A partir ads 22.30h dará comezo o festival na praza Carlos Casares. 

O punto e final deste econtro musical será o domingo cunha actuación ás 13h na Praza Maior de Xinzo. 

Comentarios