lunes 10/8/20
Nadal

Xinzo presenta o seu programa cultural de Nadal

Teatro, música, danza e espectáculos infantís dan contido a o programa de actividades culturais da capital da Limia.

Primeira parte do programa de Nadal de Xinzo de Limia.
Primeira parte do programa de Nadal de Xinzo de Limia.

A Concellería de Cultura e Deporte do municipio limián de Xinzo vén de presentar públicamente o programa completo de actividades culturais da época de Nadal. Trátase dun programa que recolle teatro concertos, actuacións e espectáculos infantís e até a xa tradicional cabalgata de Reis que este ano sairá da Praza Carlos Casares para rematar no Pazo dos Deportes.

A Coral Santa Mariña e María do Ceo ofrecerán na capital da comarca da Limia sendos concertos de Nadal para o desfrute da veciñanza da comarca.

PROGRAMA DE NADAL 2016  PARA PRENSA 2

Comentarios