viernes 17/9/21
Estúpido Siglo XXI (estupido.sxxi_webserie)

Este xoves día 21 de xaneiro, estrearase vía Instagram a primeira tempada de Estúpido Siglo XXI

Webserie creada por un entusiasta grupo de xoves limiáns

Fotografía equipo

Unha webserie de humor absurdo que amosa de xeito esperpéntico os problemas banais da nosa sociedade. Consiste en pequenos sketches que contan unha anécdota, adaptados ao consumo esporádico das redes socias. A webserie foi creada por un grupo de xóvenes promesas do audiovisual, deixando claro que, a pesar da situación adversa que vivimos, é posible botar man da nosa creatividade para realizar todo tipo de proxectos. Foi gravada o pasado verán en Xinzo de Limia (na provincia de Ourense) en tan só tres días.

Fíxose soamente uso do equipamento e medios propios debido ao apretado presuposto. Os personaxes que aparecen nas historias, son persoas correntes que se ven superadas polos problemas cotiás, dando lugar a moitas situacións divertidas e estrafalarias. Os actores que lles dan vida a estes personaxes son: Iván Lozano González, Noelia Rodríguez Ferreira, José Manuel Rodríguez Quintela, Álvaro Sieiro Conde e Alejandro González López. Algúns deles, aspiran a chegar máis alto no mundo da actuación, mentres que outros son aficionados que disfrutan traballando neste tipo de proxectos. Andrés Piñeiro Casal e Laura Rodríguez Gesto son os co-creadores da serie. Andrés encargouse dos ámbitos creativos, coma guión e dirección, e Laura da producción xeral e xestión de redes. Ao proxecto únense Jesús Armando Quintero Álvarez coma axudante de produción e director de arte, Laura León Lima coma cámara e directora de fotografía, e Rubén Robles Suárez coma técnico e editor de son. Máis adiante, uniríase Daniel Alejandro Castrillón Cano coma xefe de marketing e comunicación.