lunes 30/11/20

O alcalde de Baltar reclama o pago da totalidade do canon eólico

Dos 30.000 euros anuais que debería cobrar, o municipio tan só recibe 5.000

O alcalde de Baltar, José Antonio Feijoo Alonso, está pensando en levar a Xunta  ante a xustiza posto que reclama o pago da totalidade do canon eólico. Dos 30.000 euros anuais que debería cobrar, o municipio tan só recibe 5.000 por parte da Xunta, durante os últimos tres anos.

O problema reside nas  dubidas que existen entre ambas institucións posto que non se sabe se os dez dos catorce aeroxeneradores do parque Serra do Lourco están en Baltar ou en Cualedro. A vicepresidencia asegura que se encontra en Cualedro  tras a revisión de lindes efectuada fai 4 anos. Sen embargo, o alcalde de Baltar afirma que realizou un estudo mediante unha consultora que confirma que eses muíños están no terreo de Baltar.

O rexidor está moi molesto coa Xunta posto que, tras largas conversacións onde se proporcionou a documentación precisa, ninguén lle fixo caso. Por esta razón, non descarta acudir a vía xudicial para defender os intereses dos seus veciños e do seu Concello. Para Baltar eses cartos son moi importantes xa que se trata dun Concello con poucos recursos.

Comentarios