lunes 28/9/20
As primeiras lapas rexistráronse cara as 13:37 horas deste mediodía

Estabilizado un conato de incendio forestal en Baltar (Ourense)

O lume -que se iniciou na parroquia de San Lourenzo de Tosende, en Baltar- está estabilizado dende as 15:10 horas deste martes, 25 de agosto.

O incendio forestal que afecta á parroquia de Tosende, en Baltar. | FOTO: Recuperada.
O incendio forestal que afecta á parroquia de Tosende, en Baltar. | FOTO: Recuperada.

Segundo fontes de Medio Rural, o conato de incendio que afectou á parroquia de San Lourenzo de Tosende, en Baltar, está estabilizado dende as 15:10 horas da tarde deste martes.

O lume iniciouse cara as 13:37 horas do mediodía e, polo momento, non hai estimación da superficie afectada.

Nas labores de extinción foron mobilizados: 4 brigadas dos bombeiros forestais do SPIF da Xunta de Galicia, 2 axentes medioambientais, 1 helicóptero de Vilamaior, 2 avións da ATT Antela e 3 motobombas.

Estabilizado un conato de incendio forestal en Baltar (Ourense)
Comentarios