O grupo “Os da raia” de Baltar deron a alborada no día da patroa do pobo

IMG_20180815_112012
O grupo “Os da raia” de Baltar deron a alborada no día da patroa do pobo

No seu percorrido fixeron unha para na "Rousía"

Fai 5 anos un grupo de afeccionados a música tradicional galega encabezados polo “Grelo”, coñecido nos ambientes de bandas de gaitas, neste caso como profesor, comezaron unha andaina na que hoxe están involucrados case que medio cento de persoas.

Por un lado a Escola Municipal de gaitas patrocinada polo concello de Baltar no que están máis de 40 persoas, dende nenos do colexio ata maiores.

Despois da escola saen dúas ducias de músicos de entre os 9 anos, a máis pequena que toca a pandeireta, ata o maior do grupo que conta con 78 anos e que toca a gaita.

Ensaios estilo “militar”

Como dixemos “O Grelo”, nativo de Xinzo, dende moi pequeno tivo un pandeiro na man e de maior dedicase a dirección de varios grupos folclóricos pola Limia. Ós compoñentes do grupo “Os da Raia”, din que os ensaios aseméllanse aos das bandas militares. Debe ser que a disciplina vai “directamente” proporcional a estatura do director.

Con case 5 anos de historia, o grupo espera que nun futuro non moi afastado, os chamen para participar nalgún dos moitos festivais que hai pola xeografía tanto galega , como asturiana.

Onte pola mañá no percorrido polas rúas do pobo de Baltar fixeron un alto na Casa Rousía, establecemento de turismo rural, para facer unha parada refrixerarse, e continuar coa alborada, iso si, facénedose antes un retrato de grupo nos xardíns do establecemento.