viernes 14/5/21
Incendio

Intoxicada unha persoa tras inhalar fume dun incendio nunha vivenda de Baltar

Polo momento non trascenderon informacións sobre o pronóstico sanitario do afectado.

Imaxe da casa consistoril do concello de Baltar.
Imaxe da casa consistorial do concello de Baltar.

Unha persoa, veciña do concello limián de Baltar, sufriu unha intoxicación por mor dun incendio que calcinou por completo unha habitación da súa vivenda. Ocorreu ás 13:50 horas de hoxe no domicilio situado na Avenida Sarxento Seoane, en Baltar.

O lume comezou na segunda planta desta casa unifamiliar. A persoa que resultou intoxicada estaba no interior e as chamas impedíanlle abandonar a vivenda. Así, o persoal do CAE 112 Galicia pediu a colaboración dos Bombeiros de Xinzo de Limia, que se encargaron de sufocar o lume. Os membros do dispositivo de emrxencias confirmaron que as chamas arrasaron por completo unha habitación e o resto da casa encheuse de fume.

Pola súa banda, os profesionais de Urxencias Médicas atenderon e trasladaron ao afectado ao centro médico máis próximo.

Foi un veciño da zona quen informou aos xestores do 112 Galicia, que, á parte dos bombeiros, avisaron aos axentes de seguridade e aos voluntarios de Protección Civil. Polo momento non trascenderon informacións sobre o pronóstico sanitario do afectado.

Comentarios