martes 4/8/20

O limián Eladio Jardón, premio Joven Empresario 2016

Este consultor político internacional, veciño de Baltar, recibiu o recoñecemento á súa labor empresarial de mans da Asociación Jóvenes Empresarios de Ourense.

O consultor limián agradece o galardón ante as autoridades e público asistente.
O consultor limián agradece o galardón ante as autoridades e público asistente.

O consultor político natural de Baltar, Eladio Jardón, volve ser noticia. Tras ter sido recoñecido, o pasado mes de agosto, co Victory Award ao consultor revelación, agora é a Asociación de Jóvenes Empresarios de Ourense (AJE) a que premia a súa labor empresarial á fronte do Instituto Internacional de Marketing e Comunicación. Jardón recibiu o galardón Joven Empresario 2016 o pasado xoves 3 de novembro de mans do alcalde popular de Ourense, Jesús Vázquez, no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

Tamén estivo presente o secretario da AJE, Germán Rodríguez, quen fora galardonado na anterior edición. Trátase dun recoñecemento polo traballo que Jardón está a realizar no ámbito da consultoría política a nivel internacional, ademáis de prestar axuda a empresas, gobernos e institucións para que poidan mellorar a súa imaxe. 

A súa compañía da servizo a máis de 50 sociedades de países como España, Portugal, México, Ecuador ou Arxentina. Entre os seus próximos proxectos atópase a organización dunha Escuela Internacional de Gobierno que verá a luz o vindeiro mes de marzo e que formará, durante 10 días, a políticos de Sudamérica en España e Portugal. Hai apenas uns mese, Eladio estivo cubrindo a campaña electoral dun gobernador mexicano. 

Durante a cerimonia de entrega dos premios anuais da AJE tamén estiveron presentes o director do IGAPE, Javier Aguilera e o vicepresidente da Deputación de Ourense, Jorge Pumar.

Comentarios