28 de julio de 2017, 9:00
Dende as 10 da mañá ata altas horas da madrugada Baltar será o escenario de xogos populares, parapente e música con grupos folclóricos e o festival no que destacan as actuacións de Tanto nos ten e The tetas Van.
HOMENAXE A OLIMPIA VALENCIA
No medio de toda a festa o Concello fará un acto institucional no que nomeará a Olimpia Valencia como filla predilecta do Concello e descubrirá unha placa na súa memoria no centro de saúde.
Neste acto estarán presentes autoridades autonómicas, provinciais e locais, así como deputados autonómicos e nacionais.