jueves 24/9/20

Medio Ambiente destina 200.000 euros á mellora da rede de saneamento do concello de Baltar

alclade Baltar na conselleria de M.Ambiente
alclade Baltar na conselleria de M.Ambiente

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Baltar colaborarán na execución de actuacións de mellora de saneamento neste municipio da provincia de Ourense.

A secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente, María Jesús Lorenzana, e o alcalde de Baltar, José Antonio Feijóo Alonso, asinaron o convenio de colaboración no que se recolle este compromiso.

As obras, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), pretenden eliminar e concentrar os diferentes puntos de vertido existentes na rede de saneamento do núcleo de Baltar, canalizándoos ata a depuradora.

Dende a Consellería de Medio Ambiente destacase a importancia deste actuación, xa que ademais de garantir unha rede de saneamento para os veciños deste concello, tamén se evitan aportes ao medio natural.

Coa sinatura do convenio, Augas de Galicia poderá licitar os traballos este mesmo ano.

Comentarios