viernes 30/10/20

Aberto o prazo de inscrición para a escola de gaitas, percusión, canto e pandeireta en Bande

O Concello de Bande abriu o prazo de inscrición, ata o día 3 de outubro, para as clases de gaita...

santacomba

O Concello de Bande abriu o prazo de inscrición, ata o día 3 de outubro, para as clases de gaita e percusión (a partir de 6 anos), canto e pandeireta (a partir de 4 anos)

Esta actividade realízase en colaboración coa Escola Provincial de Gaitas de Ourense. Cristina Pumar Rico e Marco Foxo serán os profesores ao fronte deste novo curso. As clases serán gratuítas, os sábados, a partir do día 4 de outubro, na casa do concello en horario de 12:00h. a 13:30h.

Aberto o prazo de inscrición para a escola de gaitas, percusión, canto e pandeireta en...
Comentarios