domingo 29/11/20

Outro accidente máis na estrada 525 no termo municipal de Bande

No punto KM 47,5 na parroquia do Baño, dous coches colisionaron por alcance sendo evacuados os 5 ocupantes, algún deles...

Lugar do accidente e situación dos vehículos
Lugar do accidente e situación dos vehículos

No punto KM 47,5 na parroquia do Baño, dous coches colisionaron por alcance sendo evacuados os 5 ocupantes, algún deles na ambulancia do 061 de Bande

 

A medio dia de hoxe o GES de Muiños a Guardia Civil de Lobios , os voluntarios de Bande e a ambulancia do 061 con base en Bande, tiveron que actuar nun accidente de dous vehículos que viaxaban xuntos e sen saber o motivo, quizás a chuvia, colisionaron por alcance. Os feridos 5, foron trasladados 3 o PAC de Bande e os outros dous a Ourense. Tanto garda civil como os equipos de rescate fan un chamamento os condutores para que estes primeiros días de chuvia, extremen a súa condición, posto que resulta moi fácil accidentes como este .

Comentarios