sábado 31/10/20

Bande acolleu unha xornada de creación de emprego mediante o uso cooperativo do monte comunal

Máis de 70 persoas participaron no programa

bande

    O salón de actos do Concello de Bande acolleu unha xornada sobre a creación de emprego e riqueza mediante o uso cooperativo do monte comuna. O acto tivo lugar no salón de actos do consistorio e asistiron máis de 70 persoas. 

O programa arrancou coa exposición do marco legal das comunidades de montes e cooperativas. Logo procedeuse á posta en común de experiencias de éxito no aproveitamento do monte.

24A maioría dos participantes pertencían a directivas de comunidades de montes e particulares interesados nunha xestión rendible do espazo. 

A Asociación Galega de Cooperativas Agrarias e a rede Eusumo da Xunta de Galicia colaboraron na organización do evento que perseguiu amosar aos comuneiros da zona as posibilidades de negocio que ofrecen os montes galegos. 

Comentarios