sábado 31/10/20

Bande prepárase para celebrar a Festa do Peixe esta fin de semana

    A Festa do Peixe está a piques de comezar e en Bande ultiman os preparativos para o evento declarado de Interese Turístico de Galicia.

 peixe

O venres día 20 inaugúrase a festa a partir das 20h a cargo da banda de gaitas do concello de Bande e as charangas "BB+" e "Os Bandiños". O sábado a música virá da man das charangas "Compostela" e "Mekánica" a partir das 19h para continuar logo cunha sesión DJ de "Montamos la fiesta". O domingo será a quenda da charanga de Bande que amenizará as rúas dende as 10h da mañá. Pola tarde actuarán os grupos "Castrexos" e "Os gandeiros da Baixa Limia". O fin de festa porao a charanga "Támega" dende as 19.30h. 

A fin de semana de troula contará tamén con mercado de artesanía e por suposto degustación de peixe entre outras ofertas gastronómicas. A Festa do Peixe tamén ten espazo para o deporte con exhibicións de patinaxe e Zumba. 

O sábado terá lugar o campionato de percorrido de caza e o domingo o de pesca. 

Así as cousas semella que o tempo non acompañará este festexo pois a partir do venres achégase unha fronte a Galicia que deixará precipitacións nas xornadas do sábado e domingo. Con todo en Bande está todo listo para gozar durante tres días dun dos festexos máis destacados da zona. 

 

Comentarios