viernes 24.01.2020

Bande vístese de luces de Nadal

Tes ata o 20 de decembro para participar de xeito gratuíto no concurso de Decoración de Nadal de Bande

Bande 2
Bande 2

Co obxectivo de impulsar e incentivar unha campaña de estética do nadal no concello, así como fomentar e premiar a todos os veciños e veciñas que cada ano dedican parte do seu tempo á decoración navideña, nace este concurso con dúas categorías: unha para os establecementos comerciais, hostelería restauración, empresas, centros educativos e administracións; e outra para asociacións, agrupacións, entidades cidadáns e particulares.

Bande 1Poderá participar inscribíndose de xeito gratuíto na sede electrónica
https://concellobande.sedelectronica.gal aportando o seu nome e apelidos, DNI, enderezo, teléfono de contacto, e-mail, categoría e localización da decoración ou de xeito presencial calquera veciño que teña preparada a decoración como mínimo o 23 de decembro de 2019 ás 10:00h e manténdoa así ata o 7 de xaneiro ás 20:00h.
O xurado, composto por dous representantes da Asociación de Comerciantes de Bande, un representante do concello e un profesional da decoración, elixirá aos gañadores en función duns criterios baseados na creación artística, calidade e harmonía, iluminación, esforzo e laboriosidade, presentación e exposición do propio produto (no caso dos comercios) e deseño. O fallo darase a coñecer o día 5 de xaneiro durante a recepción dos Reis Magos e os premios constarán de 80€ para o gañador e 50€ para o segundo en cada unha das categorías.
Esta é unha das iniciativas do concello de Bande para fomentar o espírito de Nadal, así como as diversas actividades que terán lugar durante o período festivo. Ata o 7 de xaneiro, Bande con múltiples eleccións de entretemento tales como Contacontos O Apalpador, o 9 de decembro; a Recepción de Papá Noel o 23 de decembro; Pazolandia o 27 de decembro; e moitos máis!

Bande 2