A CASA DO CONCELLO DE BANDE TEN NOVA EXPOSICIÓN

eXPOSICIÓN SUBRREALISTA BANDE1
A CASA DO CONCELLO DE BANDE TEN NOVA EXPOSICIÓN

Os alumnos do instituto de Bande presentan as obras que eles titulan de SURREALISTAS

O venres ás 19:30h tivo lugar a inauguración da exposición \“Cousas do Surrealismo\” na casa do concello de Bande.

\“Cousas do Surrealismo\” é un proxecto artístico realizado polos alumnos do IES Aquis Querquernis de Bande, previa consulta de artistas como Salvador Dalí, Joan Miró, Man Ray Eugenio Granell, Francis Picabia, Maruja Mallo ou Giorgio de Chirico, entre outros, pertencentes a este movemento.

O surrealismo é un movemento artístico e literario que xurde en Francia nos anos 20 e deriva doutro movemento artístico coñecido co nome de dadaísmo. Os seu principais impulsores foron Guillaume Apollinaire e André Bretón, ámbolos dous poetas.

A principal intención deste movemento foi cambiar o mundo daquela época, salpicada polas grandes guerras, mediante a liberación dos sentidos e da mente das persoas a través da arte.

Esta inauguración poderá ser visitada mañá sábado en horario de mañá e do luns, día 15, ata o xoves, día 18 de xuño, en horario de 9:00h. a 14:30h.