domingo 27/9/20

O Centro de Interpretación Porto Quintela abre ó público por Semana Santa

O Centro de Interpretación Porto Quintela abre ó público por Semana Santa

    O legado romano da comarca da Baixa Limia estará máis accesible ós visitantes que se acheguen pola zona nestes días festivos. O Centro de Interpretación Aquae Querquennae–Vía Nova de Porto Quintela, en Bande, abre ó público. Poderase visitar nestes en horario de 10.30h a 13.30h da mañá, e de 15.30h a 19.30h da tarde. 

As persoas que o desexen terán oportunidade de coñecer o campamento militar romano cuxa principal misión foi construír a Vía Nova que por alí transcorre. Así mesmo terán acceso a publicacións e exposicións sobre o mundo dos romanos, as súas viaxes e gozarán de visitas ós xacementos. 

Logo destes horarios especiais programados para estas datas, quen desexe visitar a zona deberá concertar unha cita nas oficinas do Concello de Bande. 

Comentarios