Chega o XXIII Encontro de teatro escolar e afeccionado en Bande

111
Chega o XXIII Encontro de teatro escolar e afeccionado en Bande

Do 14 ao 18 de maio

O IES Aquis Querquennis, o CEIP Xoaquín Lourenzo e o Concello de Bande levarán a cabo , un ano máis, os seus populares Encontros de Teatro Escolar e Afeccionado . As solicitudes para poder distribuír o conxunto de obras deberán cumprimentarse a maior brevidade posible, xa que o certame se celebrará do 14 ao 18 de maio, exceptuando o día 17.

Os participantes poden ser alumnos/as de ensino non universitario e grupos de teatro afeccionado. As condicións para presentarse neste certame son: que as obras estén escritas en galego e que a súa duración sexa superior a 15 minutos e non exceda os 60 minutos.

AXUDAS A PARTICIPACIÓN

Tódolos centros participantes recibirán un premio de 200 euros e un diploma de participación. Aqueles centros que se despracen máis de 50 km recibirán una axuda de 40 euros e, cando a distancia fose maior de 100 km, a percibirán una axuda de 70 euros. Non se permiten obras lidas e cada centro poderá representar un máximo dunha obra.

VISITAS TURÍSTICAS PARA COÑECER A ZONA

Como actividade paralela aos Encontros de teatro, ofrecerase a posibilidade de coñecer o patrimonio cultural da zona, de interese histórico e artístico, como a igrexa de Santa Comba ou o xacemento arqueolóxico de Aquis Querquennis. Para concertar visitas deberase comunicar co Concello a través do seu correo electrónico, concello@concellobande.com, ou na rúa San Roque, nº2—2º, onde se encontra o Departamento de cultura de Bande. O teléfono 988 443 001/4 tamén estará a disposición dos interesados en horario de luns a venres de 9:00 a 14:30.