jueves 09.07.2020

Colisión dunha moto e un coche en Bande con un ferido grave

A situación complicouse posto que en Bande a 400 m.da base do 061, non se atopaba a ambulancia por estar noutro servizo

IMG-20141003-WA0002
IMG-20141003-WA0002

Noutra ambulancia do 061, neste caso de Allariz, tivo que ser trasladada con feridas graves a condutora da moto que en dirección Portugal –Ourense ía detrás

dun vehículo conducido por uns estranxeiros.
A altura da gasolineria de Bande, parece ser que o vehículo quixo xirar a esquerda, momento en que o ciclomotor ia adiantándoo. Na colisión resultou ferida a condutora da moto e sen ningún dano ós ocupantes do coche.
Alertados polo 112, achegáronse o GES DE MUIÑOS, Protección Civil de Bande e a Guardia Civil. Para ser evacuada a ferida tivo que esperar a que viñese a ambulancia do 061 con base en Allariz, posto que a de Bande, con base a escasos metros, atopábase facendo outro servizo.
Ata o lugar do sinistro achegouse tamén o alcalde de Bande, posto que a ocupante da moto era unha veciña da localidade.

Comentarios