martes 21/9/21

Conmemoración do centenario da declsrsción da igrexa de Sta. Comba, como monumento nacional

O Presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, propuxo que  a Deputación de Ourense lidere a coordinación de todas as administracións á hora de aproveitar as vantaxes que implica esta distinción no ámbito turístico.

Ás -11.00 horas: Igrexa de Santa Comba de Bande. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa no acto institucional do centenario da declaración de monumento nacional da igrexa visigótica de Santa Comba de Bande. Tamén participan Miguel Santalices (Presidenta do Parlamento de Galicia), Gabriel Alén Castro (Delegado da Xunta en Ournese), Sandra Quintas (Alcaldesa de Bande), Plácido Álvarez Dobaño (Alcalde de Muiños), e outras autoridades de veciños de Santa Comba e de Bande.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou hoxe no acto de conmemoración do centenario da declaración como monumento nacional da igrexa visigótica de Santa Comba de Bande, que cualificou como “a fotografía perfecta do noso pasado, pero tamén do brillante futuro que anos agarda”, subliñando así a importancia histórica dun templo que defendeu como o máis antigo da península e do amplo abano de posibilidades que ofrece na dinamización turística do concello e da provincia.

Este acto, dixo Baltar, “é un anaquiño na historia dunha edificación con catorce séculos, que xa no ano 600 converteu a este lugar na verdadeira cidade da cultura de Galicia”, comparando a igrexa con outras construcións civís e relixiosas posteriores no tempo, como a catedral de Santiago de Compostela ou o canal de Isabel II en Madrid, para destacar a importancia da que definiu como “a auténtica xoia do patrimonio mundial”.

O presidente provincial recolleu na súa intervención a proposta que con anterioridade lanzou no seu concello natal o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, que lle pediu liderar a coordinación das administracións local, provincial, autonómica e estatal para “entrar en profundidade no significado da declaración de monumento nacional e aproveitar as vantaxes que todo elo implica, o que tamén sería a mellor homenaxe que lle poderíamos facer ás persoas que como o párroco Manuel Castro apostaron hai cen anos por conseguir esta distinción”.

“Estamos conxurados para facelo posible”, respondeu Manuel Baltar, que logo de trasladar esta encarga á xerente do Inorde, Emma González, lembrou as iniciativas que está a desenvolver a Deputación de Ourense para impulsar a competitividade turística da provincia. “Unha coordinación na que xa estamos a traballar co plan “Ourense, destino turístico intelixente” que conta con financiamento europeo e que só catro provincias posúen en España, ou o plan Ourense Termal, que a finais do xullo seleccionou o Goberno central para o seu financiamento a través dos plans de sustentabilidade, e onde Bande tamén terá o seu protagonismo.

Na mesma liña, Baltar comprometeu a continuidade da colaboración con este espazo, “dando resposta a todo o que se nos formule, como fixemos coa mellora dos accesos e dos aparcadoiros, porque esta é unha aposta segura, non só para Ourense e Galicia, senón tamén para Portugal, país veciño ao que nos unen emocións, cultura, lingua e ata a economía a través dos 219 quilómetros da fronteira máis extensa de España”.

Ademais da alcaldesa de Bande, Sandra Quintas, que agradeceu á veciñanza “a vosa atención e coidado coa igrexa, así como a colaboración das institucións na súa conservación”, na conmemoración do centenario da declaración como monumento nacional tamén estiveron presentes o xa citado presidente do Parlamento galego, Miguel Santalices; o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; a directora xeral de Patrimonio da Xunta, Carmen Martínez; a xerente do Inorde, Emma González; alcaldes da comarca; representantes das cámaras municipais portuguesas de Melgaço e Montealegre; e deputados autónomicos e nacionais.

O acto incluíu a inauguración dunha exposición na que o visitante pode facer un percorrido pola historia do templo e as intervencións realizadas nestes cen anos, así como tamén unha visita teatralizada á igrexa e a interpretación de varias pezas musicais a cargo do grupo Ghaveta.