sábado 19/6/21

Domingo de mercado e de campionato de pesca en Bande

O mercado do Xurés abrirá as súas portas ás 11:00

mercado xures

Este domingo, 6 de xuño, volvemos ter unha cita en Bande no Mercado Xurés.

 Este é un espazo no que os visitantes teñen unha extensa oferta dos produtos e servizos do territorio, pero tamén un complemento como punto de información dos recursos e actividades dos concellos que forman parte do Parque Natural Baixa Limia –Serra do Xurés.

QUEIXOS-MEL E DERIBADOS-CARNE E PAN ARTESÁN

O queixo é un dos produtos que máis destacan no mercado polas súas variedades: con noces, estrugas ou pimentón.

O mel tamén é un dos produtos estrela, así como os seus derivados:  

polen, propóleo, en panal.

A carne de cachena, a cervexa ecolóxica artesá e unha ampla gama de panadería e pastelaría artesanal enchen o mercado que cada semana visitan máis veciños da Limia e visitantes ata de Portugal.