lunes 10/8/20
Política

Eladio Jardón presenta o seu libro sobre a campaña electoral de Manuel Baltar

O baltarés Eladio Jardón presenta en Baltar o libro sobre a campaña electoral que o levou a ser recoñecido como Consultor Político do ano 2016.

IMG_5001
IMG_5001

O consultor político limián Eladio Jardón, director do Instituto Internacional de Marketing e Comunicación, presentará na súa vila natal o libro "Claves de una campaña única", no que relata o proceder da campaña que levou á presidencia da Deputación a Manuel Baltar.

Esa campaña levouno a ser recoñecido internacionalmente cun Victory Awards ao Consultor Político do ano 2016.

A presentación terá lugar na Casa da Cultura de Baltar o sábado, día 1 de abril, a partires das 20 horas. No acto estarña acompañado polo rexedor da vila limiá, José Antonio Feijóo.

Comentarios