martes 20/10/20

FEIRA DE MOSTRAS DE PRODUCTOS ENDÓXENOS EN BANDE

12/13 de Agosto na Praza da Constitución

8
8

Un ano máis preto de corenta expositores daranse cita os días 12 e 13 de agosto durante a celebración dunha nova edición da “Feira Mostra de Productos Endóxenos”. Na praza da Constitución en horario ininterrompido de 12:00h. a 24:00h. (día 12) e de 9:00h. a 24:00h (día 13). Artesanía, gastronomía, productos locais, información turística, zona de pinchos.

A inauguración será o día 12 ás 12:00h. na mesma praza.

De novo este ano a presenza de expositores provenientes doutros concellos e incluso de Portugal amplían a oferta presentada.

Nestes días tamén se desenrolarán os seguintes actos:

12 DE AGOSTO

ATRÉVETE E XOGA CONNOSCO

Na rúa San Roque a partir das 17:00h xogos de auga e fariña. Vén preparado e non te esquezas de traer o bañador.

CLASE ESPECIAL ZUMBA

Na praza da Constitución ás 20:30h. Tódolos públicos.

13 DE AGOSTO

ESPECTÁCULO DE MAXIA

Na praza da Constitución ás 20:00h. “Chrystyan Magic” presenta o espectáculo “na senda da serpe alada”, dentro do programa “Ler conta moito”.

Comentarios