sábado 04.07.2020

Medio Ambiente estudará colaborar co concello de Lobios nun proxecto municipal para facer accesible un sendeiro peonil

A conselleira Ángeles Vázquez mantivo unha reunión de traballo coa alcaldesa de Lobios, María del Carmen Yáñez,

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda estudará a posibilidade de colaborar co concello ourensán de Lobios para levar a cabo un proxecto de rexeneración e 200207 AVM LOBIOS 1mellora da accesibilidade nun sendeiro peonil localizado na zona do balneario. Este foi o compromiso que asumiu a conselleira Ángeles Vázquez durante unha reunión coa alcaldesa do municipio, María del Carmen Yáñez, quen lle trasladou o interese do Goberno local en contar co apoio económico da Xunta nesta actuación.

Cun custo estimado de 50.000 euros, as obras proxectadas polo Concello de Lobios teñen como finalidade mellorar a accesibilidade do devandito paseo co fin de garantir que poida ser plenamente accesible para as persoas con diversidade funcional.

Cómpre lembrar que o municipio de Lobios forma parte do Parque Natural de Baixa Limia-Serra do Xurés e alberga a sede e o centro de interpretación deste espazo natural, polo que o proxecto que lle presentou a alcaldesa á conselleira encaixaría na filosofía de parques accesibles que impulsa a Xunta desde hai uns anos.

Neste sentido, Ángeles Vázquez lembrou que o obxectivo do seu departamento pasa por facer que espazos tan emblemáticos para Galicia como son os seus seis parques naturais se convertan en lugares que cada vez ofrezan menos barreiras para as persoas con algún tipo de discapacidade, polo que se amosou receptiva a analizar a proposta da alcaldesa e participar directamente neste proxecto de mellora da accesibilidade.    

Medio Ambiente estudará colaborar co concello de Lobios nun proxecto municipal para...