martes 27/10/20
Educación

Premiados dous rapaces de Bande no certame Tíralle da Lingua de relato oral

Na categoría de primeiro ciclo da ESO, Paula Senaz Feijóo conseguiu o segundo posto; e na de segundo ciclo da ESO e primeiro de Bacharelato, Óscar Paz Almeida obtivo o primeiro posto.

IMG_5223
Paula Senaz Feijóo, segunda clasificada na súa categoría.

Dous alumnos do IES Aquis Querquernis de Bande resultan premiados no concurso de relato oral Tíralle da Lingua, disputado a semana pasada no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

Paula Senaz Feijóo conseguiu o segundo posto na categoría de primeiro ciclo da ESO; e na de segundo ciclo da ESO e primeiro de Bacharelato, Óscar Paz Almeida levou o primeiro.

Na categoría de primeiro ciclo da ESO, Paula Senaz Feijóo conseguiu o segundo posto; e na de segundo ciclo da ESO e primeiro de Bacharelato, Óscar Paz Almeida obtivo o primeiro posto. O IES Aquis Querquernis presentou á final a outras tres alumnas –Andrea Alonso Pérez, Lucía Feijoo Quintas e Irene Montes Bustos– que tamén realizaron un gran papel.

IMG_5224

Está foi a decimoséptima edición deste certame organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), na que participaron centros das catro provincias galegas e na que dous alumnos deste centro banduense volveron quedar entre os primeiros clasificados, logrando premios en dúas categorías diferentes.

Xa non é a primeira vez que este rapaces da Baixa Limia triunfan neste concurso, pois xa nas pasadas edicións, os alumnos de Bande Andrea Álvarez Penín e Ares Lamas gañaran nas súas respectivas categorías no 2015 e o 2014, respectivamente. Desde o 2012, o centro da Baixa Limia logra sempre primeiros ou segundos postos.

Comentarios