sábado 26/9/20
Ciencias

Unha rapaza de Bande á fase nacional VIII Olimpíada de Xeoloxía

Andrea Álvarez Penín acadou, por segundo ano consecutivo, o segundo posto na fase provincial da VIII Olimpíada de Xeoloxía e será, xa que logo, unha das representantes galegas na fase nacional desta competición que será celebrada en Salamanca no mes de abril.

Andrea Álvarez Penín sostendo o diploma que a acredita para representar a Galicia no campiionato nacional.
Andrea Álvarez Penín sostendo o diploma que a acredita para representar a Galicia no campiionato nacional.

Unha alumna do IES Aquis Querquenis de Bande acada, por segundo ano consecutivo, o segundo posto na fase provincial da VIII Olimpíada de Xeoloxía. Andrea Álvarez Penín será, xa que logo, unha das representantes galegas na fase nacional desta competición que será celebrada en Salamanca no mes de abril.

Andrea xa acadara o ano anterior un flamante 5º posto na Olimpiada Nacional celebrada en Jaca. Desexámoslle toda a sorte do mundo nesta edición.

En futuras edicións ben seguro que será o turno doutra alumna de Bande. Sonia Couceiro Rodríguez acadou outro éxito ao facerse co accésit á mellor representante da provincia de Ourense no nivel 4º ESO. Dende o dendealimia.com queremos parabenizar a ámbalas dúas.

image2

En total foron setenta os alumnos ourensáns de varios centros da provincia (IES Otero Pedrayo e IES O Couto de Ourense, IES Taboada Chivite de Verín e IES de Allariz) que participaron nesta convocatoria da Olimpíada de Xeoloxía, celebrada o  día 15 de febreiro no edificio Politéctnico do Campus de Ourense e organizada pola Asociación de Ensinantes de Ciencias da Terra de España (AEPECT).

Comentarios