viernes 5/3/21

Sandra Quintas, alcaldesa de Bande reuniuse co Delegado da Xunta

O novo representante do Goberno autonómico analizou coa rexedora do municipio os temas relacionados coa administración autonómica

150121 Audiencia alcaldesa de Bande 1
Audiencia alcaldesa de Bande

150121 Audiencia alcaldesa de Bande 2O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, continúa coa súa rolda de encontros institucionais tras tomar posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial.
Nesta ocasión, reuniuse coa alcaldesa do concello de Bande, Sandra Quintas, co que analizou as principais demandas do municipio en relación á Administración autonómica. O delegado tivo a ocasión de tratar xunto á súa rexedora, Sandra Quintas, temas prioritarios para o seu concello en materia ambiental e de patrimonio cultural, entre outros.

Así, durante a xuntanza fixeron repaso dos grandes proxectos e necesidades que dependen da Xunta de Galicia.