martes 02.06.2020

Sta. Comba de Bande terá novas beirarrúas

Cunha inversión de 35.000 € da Xunta de Galicia
Sta. Comba de Bande terá novas beirarrúas

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantivo hoxe unha reunión coa alcaldesa de Bande, Sandra Quintas, na que lle informou da adxudicación das obras para a mellora da accesibilidade e o tránsito peonil nas marxes da estrada OU-540, en Santa Comba.

A responsable de Infraestruturas da Xunta avanzoulle que as obras comezarán nas vindeiras semanas e disporán dun prazo de execución de 3 meses. Os traballos, cun investimento autonómico de máis de 35.000 euros, serán executados pola empresa Opaga 003 S.L.

Trátase da execución de novas beirarrúas no treito da vía de titularidade autonómica, ao seu paso polo municipio, entre os  puntos quilométricos 49+775 e 49+895. Actualmente, as beirarrúas atópanse en mal estado, con zonas parcialmente levantadas, e con tramos con apenas 1 metro de largo.

No encontro coa rexedora, explicoulle que estas obras permitirán renovar as beirarrúas existentes en ambas as marxes, dotándoas de anchura e pavimento adecuado á normativa de accesibilidade vixente.

As novas beirarrúas proxectadas acadarán un largo mínimo de 3 metros,  aproveitando a franxa do dominio público da estrada, manténdose as dimensións da beiravía existente e a posición do actual bordo.

No seguinte plano amósase a zona da intervención:

222222

Sta. Comba de Bande terá novas beirarrúas