viernes 4/12/20
A Xunta inviste máis de 35.000 €

Sta. Comba de Bande terá sendas peonís novas

Ao longo da OU-540 ao seu paso polo pobo
Inicio obra Santa Comba de Bande
Inicio obra Santa Comba de Bande

Trátase de mellorar o tránsito peonil coa renovación das beirarrúas existentes, dotándoas de anchura e pavimento adecuado á normativa de accesibilidade.

Os traballos céntranse na renovación das beirarrúas existentes en ambas as marxes da vía autonómica, dotándoas de anchura e pavimento adecuado á normativa de accesibilidade vixente. Os traballos que están a executarse neste momento, comezaron pola demolición das beirarrúas na marxe dereita da vía.

Inicio obra Santa Comba de Bande 2Os traballos céntranse na renovación das beirarrúas existentes en ambas as marxes da vía autonómica, dotándoas de anchura e pavimento adecuado á normativa de accesibilidade vixente. Os traballos que están a executarse neste momento, comezaron pola demolición das beirarrúas na marxe dereita da vía.

As novas beirarrúas proxéctanse cunha anchura mínima de 3 metros aproveitando a franxa do dominio público da estrada. Mantense a anchura de beiravía existente e a posición do actual bordo.