domingo 23.02.2020
Turismo

Xornada de portas abertas en Bande para empresas da Baixa Limia e Celanova

O obxectivo das mesmas era darlles a coñecer as instalacións do centro e o xacemento Aquae Querquennae – Vía Nova de Bande.

Imaxe da xornada de portas abertas de onte.
Imaxe da xornada de portas abertas de onte.

No día de onte tivo lugar no centro de interpretación Aquae Querquennae – Vía Nova de Bande unha xornada de portas abertas para hostaleiros, restauradores e empresas relacionadas co turismo das comarcas da Baixa Limia e Terras de Celanova. O obxectivo das mesmas era darlles a coñecer as instalacións do centro e o xacemento e aproveitar este marco incomparable como punto de encontro destas empresas e como canal de comercialización dos seus produtos e servizos.

Ao finalizar a xornada, os asistentes ao acto puideron degustar produtos que proximamente se atoparán á venda no "mercado Xurés". Trátase dun mercado destinado á promoción e venda de produtos e servizos do territorio, pero tamén un complemento como punto de información dos recursos e actividades dos concellos que forman parte do Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés.

Comentarios