viernes 25/9/20

O alcalde dos Blancos é recibido pola delegada da Xunta

Díaz Mouteira analiza co alcalde dos Blancos as demandas deste municipio ourensán en relación coa administración autonómica.

José M. Castro e Díaz Mouteira.
José M. Castro e Díaz Mouteira.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, recibiu hoxe no seu despacho ao alcalde dos Blancos, José Manuel Castro Blanco, para coñecer as principais preocupacións do seu municipio en relación á actividade da administración autonómica. Díaz Mouteira continúa así, tras tomar posesión do seu cargo, a rolda de visitas polos concellos da provincia de Ourense, de cara a escoitar aos responsables municipais e analizar as súas demandas. 

Comentarios