sábado 26/9/20
CON RESTRICCÓNS

O paso fronteirizo de Calvos abrirá este luns día 1 de xuño

A fronteira por Baltar pedría abrir tamén en breve espazo de tempo

Segundo informa A.Rodríguez no xornal La Región, Este próximo luns levarase a cabo a apertura do paso fronteirizo entre Galicia e Portugal, nesta ocasión o denominado Calvos de Randín -Tourem.

Caminho_a_Tourem

A circulación será controlada de forma alternativa pola GNR portuguesa e a Policiía Nacional. Representantes deste corpo en Ourense, non están de acordo con esta apertura, continúa dicindo La Región, posto que teñen que desprazar moitos efectivos, para o pouco tráfico que ten este paso fronteirizo.

Segundo afirma tamén o xornal, en palabras do Ministro Portugués e a petición do Presidente da Cámara de Montalegre, este paso de Baltar-Montalegre, podería abrir tamén en breve.

Son moitos os traballadores, sobre todo portugueses que estando a poucos quilómetros de distancia, neste caso de Baltar e Xinzo, teñen que ir a dar a volta a diario ao paso de Feces en Verín, tendo que percorrer as veces máis de 150 Km.

O paso fronteirizo de Calvos abrirá este luns día 1 de xuño