viernes 30/10/20

OS RAPACES E RAPAZAS DE CALVOS IRÁN O COLEXIO A BLANCOS

Hoxe Educación comunicou oficialmente o peche do CEIP de Calvos

ceip-nosa-sra-do-carme
ceip-nosa-sra-do-carme

Xa fai máis dun mes que a noticia estaba na rúa.  Os sete alumnos cos que contaba o CEIP Nosa Sra. do Carme  de  Calvos de Randín pecha as portas.

A decisión segundo comunica a Consellería foi totalmente consensuada cos pais dos rapaces e rapazas, que este ano estaban matriculados no centro.

O Alcalde en declaracións a dendealimia, fai unhos meses, xa falara desta situación, e dicia que aínda que el entendía que este paso ía a ser moi doloroso para  o Concello, entendía que a educación dos rapaces estaba por enrriba de outras circusnstancias.

O Colexio de Blancos será desta vez o “beneficiado” polo peche doutro centro educativo máis no rural galego.

OS RAPACES E RAPAZAS DE CALVOS IRÁN O COLEXIO A BLANCOS
Comentarios