A Distribuidora de butano da Limia pide disculpas aos seus consumidores

1207040720_1
A Distribuidora de butano da Limia pide disculpas aos seus consumidores

Polo problema de distribución “puntual” e alleo a empresa

María Asunción Tejada Alonso administradora da empresa JM Tejada SL, responsable da distribuidora de Repsol en Xinzo Limia

En primeiro lugar quixera pedir desculpas aos usuarios , polas molestias ocasionadas debido ao retraso “ puntual” no suministro , que foi alleo a nosa empresa.

Así mesmo quixera manifestar o meu agradecemento persoal aos nosos traballadores , que grazas ao seu esforzó, totalmente voluntario, fora das horas de traballo e en fin de semana , puído levarse a cabo a distribución coa urxencia que se necesitaba para abastecer aos nosos clientes, prioridade da nosa empresa nos máis de 50 anos que o leva facendo na comarca.

Reiteramos as nosas desculpas aos afectados, sobre todo nestas datas tan significativas, tomando xa as medidas oportunas, para que a situación non se volva a repetir, e quedando a disposición de todos os nosos clientes, aos que lle desexamos un bo Nadal.