4 gotas
PABLO SANMARTÍN
Hoxe quero compartir con vos un servizo de Internet que no momento que o coñecín causoume unha gran sorpresa ao descubrir que era 100% galego. Estou falando da páxina web www.4gotas.com. Esta páxina web centrase na predición meteorolóxica da nosa Galicia, tanto da costa como do interior. ¿Por qué me chama tanto a atención? Pois ben, a forma de facer a predición do tempo, de contárnolo e sobre todo de explicarnos os fenómenos atmosféricos e totalmente orixinal.
Por pór un exemplo se vas a celebra un acto social ou una voda, podes porte en contacto con eles para saber a mellor data para celebralo. Se poderá ser en exteriores ou debido as inclemencias do tempo terás que trasladalo a un recinto cerrado. Atentos os das comisións de festas dos pobos que isto pode ser moi interesante.
Teñen todo tipo de servizos relacionados co tempo, desde a simple predición ata a elaboración de vídeos explicativos sobre esas palabrexas que aveces nos soltan coma Cicloxeneses Explosiva,.. Eles fan sinxelo isto de entender os fenómenos climatolóxicos. E se tes dúbidas podes porte en contacto con eles a través da súa web, de twitter ou de facebook para facerlles consultas.
O equipo esta formado por ex-traballadores do centro de meteorolóxico Meteogalicia. Xa sabedes que os o recortes chegan a tódolos ámbitos da sociedade
De primeiras eu xa lles acabo de facer a consulta sobre as datas do Entroido de Xinzo, a ver como ven o tempo este ano. Xa sei, xa sei, tecnolimians que a Nós danos igual que chova, neve, arroie ou teñamos un furacán, O Entroido disfrutámolo igual :D
Aquí vos deixo o enlace directo o tempo de Xinzo
http://www.4gotas.com/tiempo/ourense/xinzo-de-limia#/predicion/meteoros