jueves 15/4/21

A OUTRA CINCENTA

Por Paula Campo Quintas. 2º Premio no concurso de relatos curtos do 8M 2021

8 DE MARZO EN VIOLETA

 

O oito de marzo é un día especial, porque é o día no que se reinvindican os dereitos da muller, e ademáis, hoxe lóitase pola igualdade. Porque moita  xente aínda ten o home por enriba da muller e iso hai que frealo. Tamén hai moita xente que pensa que o Feminismo é o contrario que o machismo, pero non.

Paula CampoO Feminismo é un movemento no que se busca a igualdade nos dereitos da muller, polo que non só favorece a ista. Pero este movemento sí que pide para a muller o recoñecemento dunhas capacidades e uns dereitos que sempre foron reservados para os homes.
Nuns tempos non tan atrás, as mulleres non tiñan dereito nin acceso a case nada, e sempre tiñan que “depender” do home. Agora, maioritariamente, xa non pasa tanto, porque antigamente nin vestirse con liberdade podía unha muller. Aínda que isto, en realidade, segue ocorrendo en todas as partes do mundo, por iso, as mulleres,  loitamos  cada día por conseguir igualdade entre os dous sexos.
Hai moitas cousas que cambiar, unha das que se me ocorreron foi darlle a volta aos contos das princesas, así que…

A OUTRA CINCENTA

Érase una vez, una rapaza chamada Cincenta, de dezanove anos, que vivía co seu pai nunha cidade tranquila e moderna.

cincentaA súa nai morrera por un extraño virus aínda non descuberto cando Cincenta era pequena. E o pai dela traballaba de profesor de ciencias, pero aínda así, o seu deber como pai, era coidar da súa filla.
Cincenta estaba na universidade, e na súa clase había dúas rapazas chamadas Griselda e Anastasia, que se burlaban dela por non ter mozo, pero Cincenta non lles facía caso, porque a ela non lle facía falta un home grande e forte; ela sabíase defender soa, sen ningunha axuda.
Cincenta, na súa casa facía o reparto de tarefas co seu pai, por exemplo, ela ordeaba a súa habitación, pasaba a aspiradora e facía a cea. O seu pai ía ao supermercado, facía a comida e pranchaba a roupa.
Cincenta, de maior, quería ser profesora, pero una profesora especial…O seu soño era fomentar a igualdade aos alumnos e alumnas e conseguir unha educación igualitaria.
Un día, nas vacacións de verán festexouse unha festa a que asistía case toda a universidade. Cincenta non tiña moita roupa “elegante”, así que acudiu ao seu xastre de confianza para que lle fixera un vestido parecido a un que vira pola Internet.

Uns días despois o xastre xa lle tiña o precioso vestido lila preparado. E era lila porque… É a cor da igualdade!

Cincenta foi á festa, que remataba ás doce da noite. Era unha festa normal con bastante xente.

Pero o que ninguén sabía era que nos tecidos do vestido de Cincenta había unha mensaxe secreta sobre a igualdade.

Todo estaba tranquilo ata que o pai de Cincenta chama por teléfono a ista. El díxolle que tiña que ir correndo para a casa porque a televisión quería facerlle unha entrevista por un gran acontecemento…

O pai de Cincenta descubriu a vacina para o virus polo que morrera a súa muller!

Coas presas, o vestido de Cincenta, enganchou nun arame e cairon os tecidos, sen que ela se dera de conta.

Cando rematou a festa, os compañeiros/as viron o trozo de vestido, e leron a mensaxe:

TODOS SOMOS DIFERENTES, MÁIS TODAS SOMOS IGUAIS.

Aí, déronse de conta do que era a igualdade, e sentiron a emoción de querer formar parte dun mundo Feminista:

Loitemos ata conseguir a igualdade!

Paula Campo Quintas