sábado 31/10/20

Las Brujas de E´lente chegaron a Ourense en agosto

ALBA PROL O verán non só dá para vacacións e praia, tamén dá para rodaxes, moitas rodaxes, aproveitando os longos días...
Las Brujas D´Elente

ALBA PROL

O verán non só dá para vacacións e praia, tamén dá para rodaxes, moitas rodaxes, aproveitando os longos días e as boas condicións atmosféricas.

Este verán destaca para min unha rodaxe “low cost” cun mérito especial ao tratarse de todo un reto: a da longametraxe “Las Brujas de E´lente”, un filme que se vai levar a cabo en dúas partes debido ao complicado e o arriscado da súa elaboración.

O seu director, Simón Vázquez, un ourensán de 21 anos, estudante de Comunicación Audiovisual en Madrid, decidiu que pese á súa curta idade quería dirixir o seu primeiro filme, e non un filme calquera, un filme fantástico, con todas as dificultades que iso entraña de efectos especiais, maquillaxe, etc.

Sen contar con ningún apoio inicial máis que o da súa familia e amigos, comezou a súa andadura conformando a asociación Lutra Films cuns compañeiros e propuxéronse acadar o financiamento para elo. Tras levar a cabo un exitoso crowdfunding e conseguir apoio dalgúns concellos ourensáns onde se desenvolveu a rodaxe, conseguiron levar a cabo a primeira fase da rodaxe na provincia de Ourense este mes de agostol. Debido a que non son unha produtora audiovisual profesional e con experiencia, e a falta de medios que iso conleva, este verán só se rodou o que será a primeira metade da película, rematando a pasada semana o primeiro capítulo desta aventura. A segunda fase levarase a cabo o vindeiro verán para ter tempo para recadar máis fondos e preparar máis medios para que o produto final sexa todo o bo que esixen os seus realizadores.

Grandes actores da talla de Luis Iglesia, Isabel Blanco, Sabela Arán, Rubén Riós ou Xoel Yáñez participaron no proxecto, ademais de actores e actrices noveles que están aínda estudando, ao igual que o director e gran parte do equipo do filme. Por isto e outras moitas razóns, e a pesar de só ter rodado a metade do seu proxecto, este grupo de mozas e mozos merécense todas as felicitacións e o respeto propio de persoas que loitan por os seus soños e consiguen levalos a cabo aínda que nun principio non contaran con ningún apoio nin medios e todos os elementos pareceran ir en contra. Persoas como Simón, Sabela ou Brais demóstrannos cada día que os nosos soños, se queremos, poden facerse realidade.

Aquí o teaser conceptual previo á rodaxe feito para a promoción e busca de fondos: http://www.youtube.com/watch?v=ntBRSUXrkks

Comentarios