O centinela mira, espereita e analiza

centinela
O centinela mira, espereita e analiza

centinelaEsta vila, e este xornal dixital, teñen un motivo máis para sentírense orgullosos das xentes que viron nacer. Por se a Iván Olmos Ferreiro ser o segundo mellor orador no mundial de debate do 2017 e acabar asinando no libro de honra do Concello a proposta do Partido Popular non lle fose de sobra, o pasado día 24 decidiu situar de novo o nome deste Concello no mapamundi académico universitario facéndose co título de mellor discursista do planeta na lingua de Cervantes.

En catro minutos tivo que darlle unha recua de razóns ao amor da súa vida para xustificarlle o non que merecía. O seu discurso valeulle o título e o recoñecemento de todo o colectivo de estudantes en lingua española alí representados , e tamén de todos os que non o estaban.

Non so foi quen de convencer aos xuíces, senón que acabaría convencendo de que ese non era o máis axeitado aínda que o corazón pedira a berros abrir de novo a porta a outra oportunidade. Desta a razón aplastou, nas verbas dun limián, a máis poderosas das forzas, a do corazón.

Algo, curiosamente, que non logran chegar a entender moitos dos nosos representantes públicos, que se fartan de presumir de que para eles o servizo ó cidadán está por enriba de calquer interés persoal. E, para mostra, un botón, ou todos os da camisa, en Xinzo.

O Partido Popular tenta, lonxe de colocar na súa lista ó mellor candidato, manter as distintas "famiglias" relativamente compensadas, non vaia a ser que unha descompensación acabe levando ao enfermo diretamente á sepultura.

Na bancada da rosa e do puño, mellor non moverse non vaia a ser que non se saia en todas as fotos. E, nos minoritarios, onde tamén debería chegar a renovación, poida que ceder o lugar a xeracións que veñen pisando forte é sacrilexio se o que un pretende é acadar a alcaldía como fin último da súa existencia. Vostedes, amigos e fieis lectores, pararonse en reparar como podería ser un debate con Iván Olmos Ferreiro e Alba Feixóo a un e outro lado da mesa da esquerda, con ideas, argumentos, e, sobre todo, coa sangue que xa non circula por outros aparatos? Para cando un alcalde en Xinzo que sexa quen de dar o mellor discurso, e o máis sincero?