Concellería de persoal, comunicación e relacións institucionais

concelleira comunicando
Concellería de persoal, comunicación e relacións institucionais
LUIS VELOSO Se entramos na páxina do concello de Xinzo e botamos unha ollada ás concellerías que a compoñen, aparece a...
LUIS VELOSO

Se entramos na páxina do concello de Xinzo e botamos unha ollada ás concellerías que a compoñen, aparece a de Persoal… tal e como se mostra no título.

A todo esto isto, esta páxina tamén depende desa mesma concellería. Na mesma ollada dámonos conta de que o último que aparece na portada principal son as festas de Sta. Mariña… desto xa hai uns cantos meses. Pero o mellor dela é que se intentamos buscar o teléfono do Concello, aposto a que nadie o atopa, ou polo menos este que suscribe non foi capaz de atopalo.

Pero este non era o tema, que tamén.

Esta concellería ademais de persoal, do cal non podemos falar, posto que non sabemos se fai esa función ou non, do que si podemos falar é de que COMUNICACIÓN, do que se entende, suspende coa nota máis baixa.

Non funciona, xa vai pola terceira vez que lle solicitamos tanto á propia concelleira por dúas veces, e directamente ao Sr. Alcalde, e a resposta foi a ignorancia máis absoluta.

Xa sabemos que dendealimia.com, naceu así dunha maneira calada, sen medios pero a semana que vén daremos as cifras das entradas que ten o noso portal, e a algún deles (Concelleira ou Alcalde), vanlle sorprender.

Un dos motivos do nacemento de dendealimia, foi que os medios de comunicación escrita, xa hai bastante tempo que lle dedican moi pouco espazo ás noticias sobre a Limia. A media semanal na que Xinzo sae nos diarios provinciais non chega a unha vez por semana.

Por outra banda, aos veciños do Carballiño ou do Barco, por poñer dous exemplos, pouco lle interesa o que pasa na nosa vila, a non ser que sexa por redadas de todo tipo, que tamén as hai.

As noticias e acontecementos ocurridos na Limia a quen lle incumben máis principalmente, son aos propios veciños. A non ser que o que queiran dende o Concello, sexa que a xente non estea enterada do que aquí acontece, cuestión que supoño que non é así.

Ademais, se existe unha Concellería que ten como cometido o da comunicación, pola que se cobra unha adicación exclusiva, se non se leva a cabo, entón excúsase.

Porque sra. Concelleira, a comunicación e un dereito dos cidadáns, de saber cando hai plenos, da orde do día, e despois dun resumo do que alí se tratou e os acordos que alí se tomaron. Tamen das comisións de goberno, e como é un dereito, convértese nuha obriga da Concellería que vostede dirixe.

Esperamos que estes erros sexan por falta de tempo, porque as outras dúas ocupacións da concellería lle consuman todo o tempo da adicación exclusiva.

Recordarlle que xa só falta ano e medio para as eleccións, e entón serán vostedes os que queiran sair, pero para recoller, e disto sábese moi ben na Limia, primeiro hai que sementar….