Dende o Limia

Dende o Limia

Séculos despois de que o sangue dos inocentes de Belén chegase ó río, pola tiranía dun rei a todas luces criminal, comenza a andaina dun xornal dixital cuio eixo vertebrador e o río Limia.

Álvaro Cunqueiro chamáballe á nosa Gallaecia o país dos dez mil ríos. A cultura da auga estivo ó longo do tempo moi presente na nosa terra. De ahí cos nosos antepasados prehistoricos máis inmediatos como foron os limici, os coelerni e os quaquerni se asentasen nas veigas próximas ó Limia. Tamén nos dice Mendéz Ferrín que o nome dos ríos, os hidrónimos, son os nomes propios máis antigos do país. Todo isto indica que cando chegaron as cohortes romanas pola Portela do Home e descenderon ó Lethes ( Limia ) para penetrar naquel territorio húmido e ateigado de carball@s, xa levaba o noso río varios séculos bautizado.

O noso río ten unha característica peculiar que o diferencia doutros moitos, e na cal se fixa este novo medio de comunicación que nace hoxe: a súa independencia.

Non sinte atracción polo pai Miño; ó que moitos dos nosos ríos corren para desaparecer e fundirse con el. É un río con personalidade propia, ó que lle axuda o seu don de línguas.

Na súa sedimentación percibimos que foi capaz de entender ós celtas, de ler os miliarios Romanos da Vía Nova e de regar os topónimos acuñados polos bárbaros do Norte. Hoxe en día no seu berce fálanlle en galego, ós poucos quilómetros pasa por unha vila na que nas últimas décadas afincaronse casteláns para chegar a senitude inmerso no luso.

Plurilingüismo e independencia cóllense da man no río Limia.O querer falar o portugués é o que o separa do Val do Arnoia e librao de prestarlle pleitesía ó Miño. A súa independencia é a que une a dous paises e dalle un color fresco a unha fronteira que por veces se convirte nunha raia seca.