Día de visitas aos cemiterios

IMG_20201031_110727
Día de visitas aos cemiterios

Historia "viva" de máis de 100 anos

Cando esta mañá me acheguei ao cemiterio para facer a reportaxe sobre as visitas que os familiares fan e facemos aos nosos que xa non están con nos, ademais de atoparme cunhas imaxes da pouca xente que estaba no mesmo levando as súas flores e limpando as sepulturas, todos cumprindo coas novas normas por mor da pandemia, atopeime cun amigo que me invitou a facer unha visita aos catro cemiterios cos que conta o noso concello.

Efectivamente Xinzo, dentro do recinto do Campo Santo conta co cemiterio que lle chaman o vello, o máis vello, o novo e o último chamado municipal.

Nin que dicir ten que o máis bonito é o máis vello, onde todas as sepulturas, nichos e panteóns contan coa “beleza” da historia antiga.

No paseo, que nos levou menos da media hora permitida en cada un foime, descubrindo a historia dos últimos 100 anos da vila.

ATA SE DESCUBRE A ESPECULACIÓN URBANISTICA

IMG_20201031_110308Como veño dicindo a historia dos últimos 100 anos refléxase nos diferentes lugares dos mesmos. Primeiramente pódese descubrir a posición económica familiar, que dende sempre, e tamén hoxe en día se plasma nos nichos e panteóns.

Dunha familia moi coñecida que conta cun grande pateón múltiple, con capela, dicían na época que a familia “ “ non solo tiña unha grande casa no pobo, se non tamén no cemiterio.

Doutra familia, na que algún dos seus membros foi unha autoridade na vila no século pasado, tamén sorprende o gran panteón cunha igrexa, da que moitos pobos carecen.

Por outra da rúas do Campo Santo quedou constancia da especulación urbanística, posto que toda ela é de tres alturas, menos ese panteón, no medio é medio, que por mor de non se sabe que, déronlle catro alturas, algo que non estaba permitido, e sinceramente queda moi mal.

CEMITERIO DOS ESQUECIDOS

IMG_20201031_111756No medio e medio do cemiterio máis vello existe unha “finca” exenta de nichos, onde segundo o meu “relator” díxome que ese sitio era de propiedade municipal, e era o sitio onde se enterraban os que non tiñan, moitas veces, ninguén que se fixera cargo do defunto. Cruces, xa oxidadas, lápidas caídas, e tan solo se sabe que ai alguén enterrado por unha pequena elevación do terreo, entre a que destaca unha tumba no chan, que poden ver nunha das fotos onde se pode distinguir o lugar onde está enterrado, alguén que aínda despois de tantos anos sigue contando con achegados, que estes días se encarga de sacarlle as herbas e terlle plantas frescas, todo isto, despois de moitos anos. A verdade que ai persoas que teñen moita sorte, porque aínda que sexa sinxelamente, teñen quen se acorda deles, sensación que non se percibe noutros con moita máis aparente riqueza.

Agradecer ao meu amigo guía, que me fixo entender a traveso da visita aos cemiterio de Xinzo a historia deste pobo. Espero que vostedes tamén o saiban facer a traveso das instantáneas que por suposto fixemos con todo o respecto que se merecen todas as persoas que alí se atopan e que tarde ou cedo acompañaremos nos tamén.IMG_20201031_111822

E por último non me podo esquecer de que o meu guía quería transmitir aos responsables do Concello que aínda que os cemiterios están ben arranxados e mantidos polas brigadas municipais, na propia entrada do máis vello, as veces, como ocorría hoxe ai que entrar saltando por mor do barro e da auga, cousa que se arranxaba con un pouco de pedra pequena, par que a auga quedara por baixo.

IMG_20201031_110914IMG_20201031_113657IMG_20201031_111558IMG_20201031_111510IMG_20201031_111259IMG_20201031_111218IMG_20201031_111015IMG_20201031_110952