lunes 26/10/20
Estrease en Xinzo a primeira xeadería da historia da vila, franquía da ourensá "La Central Heladera"

Emprendedores en tempos difíciles

Dous mozos de Xinzo comezan este luns unha nova aventura empresarial, agora que xa case estamos a piques de entrar no outono: unha xeadería. Franquiados de "La Central Heladera", Iván e Carlos inauguran o seu establecemento na praza Maior limiá.

IMG_20200920_214535

De case heroes poderiamos cualificar ás persoas emprendedoras que son capaces, nestes tempos en que todas as novas nos medios de comunicación son Ertes, Eres, paro, etc., de mudar o chip e botar  “o mundo ás costas” para emprender un novo negocio.

IMG_20200920_214557Este é o caso de Iván e Carlos, Carlos e Iván, que dunha maneira case artesanal, realizando a metade das obras de acondicionamento do local co seu traballo; converteranse a partir deste luns en artesáns tamén dos xeados. Aínda que un pouco tarde -non pola súa culpa-, senón pola burocracia de empresas, que no canto de axudar o único que lles importa é cobrar por enganches, con case dous meses de atraso; inaugúrase este luns a primeira xeadería propiamente dita na nosa vila.
Xeadería con produtos totalmente artesanais como son os que ofrece a franquía ourensá "La Central Heladera”.

Durante un par de horas esta mesma tarde utilizáronas para convidar aos máis íntimos a unha degustación dos afamados xeados, así como “gofres e crepes”, que seguramente serán os produtos estrela de LCH-Xinzo. Segundo puidemos saber, todo saíu ben e todo foron felicitacións e parabéns.

A apertura será este luns con degustacións, seguindo as estritas medidas COVID desde as 18:00 ás 20:00 horas.

Felicitacións a estes heroes que son capaces en momentos tan difíciles de botarse á rúa, neste caso á Praza Maior de Xinzo.